'Pinturas de guerra' conta a historia dun español que chega a París na procura de documentación sobre a actriz Jean Seberg e sen case darse de conta vese envolto nunha trama de represión contra pintores latinoamericanos que fuxiron das dictaduras militares dos seus países.
Premio á Mellor Obra Nacional no Salón do Cómic de Barcelona 2018, foi a única obra seleccionada nos Premios internacionais da Banda Deseñada de Angouleme 2019 e premio da Crítica á mellor obra e mellor guión 2018.
PINTURAS DE GUERRA de Ángel de la Calle
Ángel de la Calle
Pinturas de guerra (tradución de Isabel Soto)
Retranca Editora, Pontevedra, 308 páxinas, Formato 17x 24 cm, Encadernación en cartoné con troquel en portada e lomo de tea serigrafiado, PVP 30 €, 2019