top of page

PREVENTA!!!

Retranca Editora publica por primeira vez en galego esta banda deseñada imprescindible. Unha obra que debería ser de obrigada lectura para entender o absurdo das guerras e de como nos poden chegar a afectar a calquera de nós.

 

A finais de febreiro de 2024 chegará ás librarías galegas unha coidadísima edición en gran formato, recuperando a portada orixinal da edición de 1982 e coas páxinas completamente restauradas.


Cunha tipografía elaborada por Kohell a partir da orixinal creada a man por Raymond Briggs e cun traballo de tradución moi complexo para traer á nosa lingua os matices dunha obra fundamental da banda deseñada, levado a cargo por Alejandro Tobar.

 

Un clásico que chegará ás librarías e bibliotecas galegas co obxetivo de remover as conciencias antibélicas nestes tempos convulsos que, por desgraza, estamos voltando a vivir.

 

Tamaño: 25cm x 34,5 cm
Páxinas: 72 páxinas a toda cor sobre papel de 150 grms
Encadernación en Cartoné con acabados en UVI.

A bomba da portada ILUMÍNASE NA ESCURIDADE!!!
Entrevista de 24 páxinas a Raymond Briggs por Paul Gravett (The Comics Journal)

E trae un marcapáxinas de 34,5 cm de alto de agasallo!!!

CANDO SOPRA O VENTO de Raymond Briggs

30,00 €Precio

    RELATED PRODUCTS

    bottom of page