top of page

Un debuxante afeccionado e coleccionista de cómics que vive amargado polo seu traballo e tenso polas fortes discusións coa súa muller e o seu fillo adolescente, afronta a crise dos 40 con angustia debido aos seus problemas de saúde e unha sensación cada vez máis forte de estar vivindo unha vida que non é a que soñaba vivir. Como terapia, acode sempre que pode á bocatería dun amigo para desafogarse. Este recoméndallle que use a súa habilidade cos lapis para recrear a súa vida ideal nun cómic e comparala coa actual, pero non lle convence moito a idea. Ao día seguinte, cando visita a súa libraría habitual, decátase, mediante un cartaz, de que un antigo compañeiro de clase e rival, logrou ter éxito como debuxante de cómics. Isto cabréao e faille atopar a motivación que precisaba, pero a súa vida comeza a abalar cando vai á presentación do seu rival e coñece unha atractiva muller que podería ser a súa media laranxa.

 

  • RETRANCA EDITORA S.L.

  • EAN9788412853223

  • EstadoDisponible

  • EncadernaciónCartoné

  • Páxinas137

  • Tamaño245x175x15 mm.

  • Peso615 gr.

  • Data de lanzamento:30/05/2025

  • Idioma:Galego

 

A MIÑA OUTRA VIDA de Miguel Rojo

23,00 €Precio
Cantidad

    RELATED PRODUCTS

        RETRANCA EDITORA          
    • Facebook Basic Black
    SUBSCRÍBETE E RECIBE AS NOSAS NOVIDADES

    © 2020 Retranca Editora

    bottom of page