top of page

Conta a historia de Curuxa, unha bruxa noviña que trata de recuperar as voces roubadas por outras feiticeiras. Esta historia fainos ver como axudándonos uns a outros conseguimos vencer as dificultades. Conta a lenda que canto máis fermosa é unha voz, mellores son os feitizos das bruxas. Existe unha voz máxica coa que calquera conxuro é posible, “a voz de Azazel”.

Na procura desa voz, Morcia, unha bruxa noxenta, roubará as voces de todos os nenos. E tamén a de Curuxa, unha aprendiz de meiga, que privada da súa voz e polo tanto da súa maxia, terá unha difícil misión, recuperar todas as voces.

O cómic está cheo de cores, espíritos, animais, maxia, amizade e referencias á Galiza, aos seus contornos e tradicións.

Premio fin de curso 2015 da Escola Profesional de Historieta e Ilustración "O garaxe hermético".

CURUXA, a voz de Azazel de FON

SKU: 00004
18,00 €Precio
  • FON (Fonso Barreiro)

    CURUXA, a voz de Azazel 

    Retranca Editora, Pontevedra, 90 páxinas, Formato 20x 27 cm, Encadernación en cartoné con acabados en UVI, PVP 18 €, 2016.

RELATED PRODUCTS

bottom of page