top of page

GARAXEDDÓN 2! A FIN DO MUNDO NUNCA FOI TAN DIVERTIDA!

CHEGA O Nº 2! ESPECIAL: MALDITAS GUERRAS!

Xa está aquí o segundo número de GARAXEDDÓN!, o xornal máis apocalíptico e retranqueiro do planeta, creado polo alumnado de O Garaxe Hermético.


Desta volta metémonos de cheo nas malditas guerras! Porque mentres uns fabrican bombas, outros fabrican escusas para lanzalas. E os que pagan a factura sempre son os mesmos: os que non decidiron comezar ningunha!


12 páxinas de humor, banda deseñada e moita mala uva! Feitas polos novos autores de BD e humor gráfico que se están formando en O GARAXE HERMÉTICO, a primeira Escola Profesional de Banda Deseñada de Galiza!


E o mellor de todo: podes descargar a revista GRATIS en PDF! Porque bastante gastan os gobernos en armamento como para que teñamos que pagar tamén por rirnos deles!


REVISTA IMPRESA: 3,50 €CON ENVÍO Á PENÍNSULA: 4 € EN TOTAL!

Por ese prezo non compras nin unha bala, pero si 12 páxinas para disparar contra os que as fabrican!

Tamén a podes descargar en PDF GRATIS!!!


www.ogaraxehermetico.com

GARAXEDDÓN! Porque as guerras non teñen nin puta graza, pero os que as provocan son un auténtico chiste!

O GARAXEDDÓN 2 - MALDITAS GUERRAS!!!

4,00 €Precio
Cantidad

    RELATED PRODUCTS

        RETRANCA EDITORA          
    • Facebook Basic Black
    SUBSCRÍBETE E RECIBE AS NOSAS NOVIDADES

    © 2020 Retranca Editora

    bottom of page