top of page

Os seres e os feitos marabillosos que escapan ás leis da Natureza e a Ciencia están presentes na maioría das crenzas e as relixións. E aparecen sempre agrupados en dúas castes antagónicas: bos e ruíns, anxos e demos, fadas e bruxas...

E o ser humano queda aí, no medio, loitando coa súa propia natureza ambivalente. Cando menos, así o contamos nós mesmos, os humanos. Pero, no fondo, nunca escoitamos a versión das outras partes...

E se o papel da humanidade nesta historia non fora o que ela mesma se atribúe? E se non foi tan inocente e pasivo como se pretende? 

Este é o punto de partida para que Miguelanxo Prado nos faga preguntarnos  sobre o fráxil equilibrio entre o home e a natureza.

 

Edición en galego para coleccionistas:

Encadernación en cartoné coa ilustración de portada e contraportada limpas, sen textos, para disfrutar da imaxen orixinal tal cal foi deseñada por Miguelanxo Prado.

Sobrecuberta en acetato transparente serigrafiado cos textos e logotipos.

Tamaño pechado: 240 x 320 mm. 

104 páxinas a toda cor máis gardas. Con portadilla en papel vexetal. Impreso en papel Offset extra de 160 g./m2.

O PACTO DO LETARGO de Miguelanxo Prado

23,00 €Precio

    RELATED PRODUCTS

    bottom of page