Xa está aquí o terceiro número de GARAXEDDÓN!, o xornal máis apocalíptico e retranqueiro do planeta, creado polo alumnado de O Garaxe Hermético.
Desta volta metémonos de cheo na campaña electoral! Esa marabillosa época na que os políticos baixan á rúa, descobren que existen os pobres e prometen solucionar en catro anos o que levan décadas sen solucionar. A única campaña publicitaria na que non che devolven os cartos se o produto non cumpre co anunciado!
12 páxinas de humor, banda deseñada e moita mala uva! Feitas polos novos autores de BD e humor gráfico que se están formando en O GARAXE HERMÉTICO, a primeira Escola Profesional de Banda Deseñada de Galiza!
E o mellor de todo: podes descargar a revista GRATIS en PDF! E, ao contrario que os programas electorais, nós si cumprimos o que prometemos!
REVISTA IMPRESA: 3,50 €CON ENVÍO Á PENÍNSULA: 4 € EN TOTAL!
Tamén a podes descargar en PDF GRATIS!!!
Por ese prezo non vas conseguir un escano no Congreso, pero si 12 páxinas para escachar coa risa a conta dos que aspiran a ocupalo!
MÉRCAO en www.retranca.gal
GARAXEDDÓN! Porque se imos acabar gobernados por un chiste, polo menos que sexa bo!


























