top of page

Retranca Editora ten o pracer de anunciar a edición en galego de SUBNORMAL, a novela gráfica de Fernando Llor & Miguel Porto na que relatan a historia real do Bullying que sufriu o exxogador de baloncesto da ACB e cun físico portentoso, Iñaki Zubizarreta, durante a súa escolarización.

A súa altura e forza física non serviron de nada ante a manda dos acosadores, que o levaron ao bordo da morte. TODOS SOMOS VULNERABLES!!!

 

Esta edición especial en galego, conta cunha nova portada de Miguel Porto e cun deseño que evoca ás libretas escolares, co título do libro troquelado deixando ver no valeiro do insulto que lle proferían a Iñaki, a ilustración que amosa o acoso ao que foi sometido polos seus compañeiros.

 

Encadernación en capa dura cosido a fío, con sobrecubertas troqueladas.

Tamaño 17 x 24 cm

160 páxinas a cor en papel estucado mate de 135 grms.

 

UNIDADE DIDÁCTICA sobre BULLYING ESCOLAR 

 

Edición de 500 exemplares especial para centros escolares e familias, cunha UNIDADE DIDÁCTICA realizada pola docente e escritora Uxía Meirama e entrevistas aos autores Fernando Llor e  Miguel Porto e ao protagonista da historia Iñaki Zubizarreta realizada pola xornalista Sara Vila.

 

Encadernación en grapa a toda cor.

Tamaño 14 x 21 cm

60 páxinas a cor en papel estucado mate de 120 grms.

SUBNORMAL & UNIDADE DIDÁCTICA

25,00 €Precio

    RELATED PRODUCTS

    bottom of page