O ÚLTIMO FESTI de Fernando Llor e Pablo Prado

(Editado polo festival ARMADIÑA ROCK)

 

Katia, Lore, Manu e Breixo están no seu último verán antes de irse a diferentes universidades. Para despedirse deciden acudir ao ARMADIÑA ROCK e vivir unha fin de semana chea de moita caña. Pero o plan non sae ben, Katia pérdese e non atopa aos seus amigos. Conseguirán reencontrarse e poder vivir xuntos O ÚLTIMO FESTI? 

-----------------------------------------------------------

O Armadiña Rock báixase do escenario para adentrarse nas viñetas da banda deseñada

«É o primeiro festival do mundo que o fai». di a organización.

 

Conscientes de que «como este ano non poderemos gozar dos concertos na vila, dende a organización creamos o Armadiña Rock en Banda Deseñada», unha iniciativa dirixida aos seguidores desta cita estival para que poidan revivir a experiencia dos concertos na praza de Chousa.

Deste xeito, o de Combarro «convértese no primeiro festival do mundo que se adapta a banda deseñada» homenaxeando aos seus seareiros. Así, dende a organización lembraron que «moitos dos que vindes, acampades na Reiboa, achegádesvos camiñando até Combarro e gozades dende as sesións vermús até os concertos da noite. Pois si, imos contar unha historia, que podería ser a túa, a de milleiros dos que viñéstedes a Combarro nos últimos anos».

 

Con este obxectivo na mente, a organización fixouse no feito de que Pontevedra conta «cunha escola profesional de banda deseñada, O Garaxe Hermético, dirixida por Kiko da Silva» polo que, segundo recoñecen, foi «ben doado atopar quen plasmase a nosa idea nunhas viñetas».

Deste xeito, chegaron ata as figuras de Fernando LLor, «considerado o mellor guionista do Estado de banda deseñada no 2019» e Pablo Prado, que ven de publicar O derradeiro libro de Emma Olsen con Editorial Galaxia. «Esta banda deseñada é a primeira edición que facemos dende a Armadiña», polo que a organización fixo un chamamento para que os afeccionados merquen e leven «o voso festival para as vosas casas. Cremos que o ides gozar e ao mesmo tempo que lembredes as festas de verán de Combarro».

O ÚLTIMO FESTI de Fernando Llor e Pablo Prado

18,00 €Precio